FAITE SOCIO DE "Cima de Vila" Se queres facerte membro da asociación, e gozar das súas actividades, ponte en contacto coa directiva da mesma.
   
  Asociación de Mulleres Rurais " Cima de Vila " de Vilamartín
  POLA LINGUA
 

 

 

 

PROGRAMA DA ACTIVIDADE "POLALINGUA"

 

INTERVIRÁN:

 

Antonio Reigosa, responsábel do departamento de comunicación do Museo Provincial de Lugo.

Escritor e membro da directiva da asociación de escritores de Lingua Galega, autor de diversas publicacións e destaca por ser un dos mellores expertos de seres míticos de Galiza, sendo este o tema que virá a comentar e nós presentará a unha serie de seres míticos do oriente ourensán.

 

José Rodriguez Ferrer, escritor e poeta de Vilamartín de Valdeorras, ten publicados tres poemarios, destacando a última publicación onde colaboraron os nenos e nenas do Colexio Público de Vilamartín de Valdeorras, no cal elaboraron as ilustracións deste poemario infantil.

Na PolaLingua intervirá coa lectura de algún dos seus poemas.

 

José Fernández García, membro do Instituto de Estudios Valdeorreses. Polifacético e amplo coñecedor da cultura e a historia de Valdeorras, destacando pola súa paixón, as xeoloxía e a arqueoloxía, posuidor de unha das coleccións de minerais máis interesantes de Galiza, ao tempo colaborador e responsábel de moitas das excavacións arqueolóxicas de Valdeorras.

Relatará un dos romances que recolleu en Valdeorras, ligando a tradición oral aos diferentes xacementos arqueolóxicos e acontecementos históricos.

 

Banda de Gaitas Abertal, sendo esta unha das bandas históricas e con unha máis que destacábel traxectoria ligada a música e o baile tradicional deste país, neste seu vinte aniversario presentará e interpretará unha serie de pezas do seu novo disco, aínda sen publicar e que nestes momentos aínda se atopa nos estudos de grabación.

 

@s Frebud@s, grupo polifacético e poliédrico, heteroxéneo e composto por diferentes músicos de diversas agrupacións musicais (Liñaceira, Xarín, A Volta do Agro, Tiruleque...), trátase de unha presencia exclusiva xa que só se reunen para tocar nas tascas e bodegóns da cidade de Lugo. Nunca ofertan as súas actuacións ao público xa que entenden a música tradicional como festa, sentemento e participación, abandonando o concepto de público e escenario por un todos músicos, incitando a participación.

 

Entrega de premios do "I Certame Literario Cima de Vila", no que contamos coa colaboración de diversas entidades para a entrega de premios ás nenas e nenos de Vilamartín de Valdeorras.

 

Presentación e pase de fotografía antiga, un século en fotografía, da publicación editada pola Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila"

 

DESENVOLVEMENTO DA "POLALINGUA":

 

Intercalando cada unha das intervencións, interpretacións e actuacións levarase un percorrido por toda esta amalgama temática, onde o foco de interese destaca na exaltación da Lingua e da tradición musical, téntase en definitiva, dignificar a tradición oral e a Lingua popular, xa que entendemos que as homenaxes ao idioma deben de recordar e ensalzar a figura de todas aquelas persoas anónimas que traballaron de xeito inconsciente pero cheas de amor polo "seu", persoas que ao fin e ao remate non aparecerán nos libros de historia e que deberan de resaltarse, por ser as que mantiveron viva durante mil primaveras a lingua galega.

 

Por este feito de tentar interconectar e interactuar co público, convidaremos a cada un dos presentes a que se coñecen algún conto de tradición oral, lenda, historia ou palabra en desuso a que no-lo expoña e o dé a coñecer, para así deste feito facer protagonista a cada un dos presentes.








Agradecementos


Antes de nada agradecer a todos os establecementos e entidades que colaboraron coa asociación para levara a bó término a PolaLingua, xunto cos parabéns eo agradecemento máis fondo aos que interviron neste acto, Abertal, @s Frebud@s, Antonio Reigosa, José Fernández e josé Rodríguez Ferrer.



Para ver o video premede aquí 
www.laregion.es/noticia/92825/Vilamart%C3%ADn/Polalingua/SantaLuc%C3%ADa/
 
Despois a PolaLingua desenvoltouse tal como se tiña plantexado, abrindo o encontro @s Frebud@s e intercalando a interpretación de unha peza coa intervención de un dos poñentes, sendo José Rodríguez, logo José Fernández e por último Antonio Reigosa.
 
Alongouse este encontro durante unha hora e media no Centro Cultural Santa Lucía e rematou no Local da Asociación das Mulleres Rurais, onde se desenvolveron os pinchos e se deu de xeito espontáneo unha foliada, onde os grupos musicais, desta vez mesturados tocaron diversas pezas tradicionais e se formaron grupos de bailadores e bailadoras. Todo esto se alongou até as once e media da noite, polo que se pode decir que despois de contabilizarse ao redor de oitenta asistentes e ver que a Foliada foi agradecida por todo o mundo que asistiu a ela, dende a AAMMRR valoramos a "PolaLingua" de xeito moi positivo.
 
  Visitas Hoxe 37127 visitantes (56072 clics a subpáginas)  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=