FAITE SOCIO DE "Cima de Vila" Se queres facerte membro da asociación, e gozar das súas actividades, ponte en contacto coa directiva da mesma.
   
  Asociación de Mulleres Rurais " Cima de Vila " de Vilamartín
  SAN XOAN 2009Image Hosted by ImageShack.us
 
A noite de San Xoán, o 24 de xuño,  é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada,  era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.
Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das
cales canta a mocidade, baila e brica por riba das chamas; pasan logo os gandos para que reciban o orballo de San Xoán, cando xa as fogueiras esmoreceron, facendo que as redes reciban o remol aínda fumegante; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga sandadora lávase á mañá seguinte toda a familia, na Fogata de San Xoán crenza de ver curadas as erupcións do cute que padecen;
 

A AUGA
Elemento de gran limpeza que segundo o seu estado pódenos liberar das enfermidades cutáneas (orballos); dos malos auga espíritus (auga bendita), e incluso posúe poderes fecundativos (auga mariña). 

Só hai un tipo de auga refuxada e que o saber popular soubo refranar perfectamente ó dicir:

 "A chuva de San Xoán, tolle o viño e non colle pan".

 AS NOSAS FOTOS DE SAN XOAN 2009































AS HERBAS E OS CACHOS


As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo cacho.0 cacho consiste en recolier herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.

Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.




 

"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.

 


Nalgúns sitios, as moza que brinquen por riba da fogueira, sin tocar nas flamas, din que se casan dentro dun ano.  Pra ben ser, compre saltar varias veces, sempre en número impar, recitando a fórmula e saltando unha vez pra un lado i outra vez pra outro. 
A danza das cacharelas O acto de saltar chámanlle en moitos lados salvar. O millor, sobre todo prós que están enfermos, principalmente de pel, é brincar en pelico, ou sexa encoiro, pró cual os demáis que están alí, retíranse. Tamén pasan ós nenos por riba do lume, entre o padriño e a madriña, ou ben as consabidas tres Marías, empregando a coñecida fórmula: "Enfermo cho dou, devólvemo sano"; logo envólveno nunha saba de liño que non fora mollada. 



"Salto por enriba
do lume de San Xoán
pra que non me trabe
nin cobra nin can"

 
 
 
  Visitas Hoxe 32526 visitantes (51057 clics a subpáginas)  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=