FAITE SOCIO DE "Cima de Vila" Se queres facerte membro da asociación, e gozar das súas actividades, ponte en contacto coa directiva da mesma.
   
  Asociación de Mulleres Rurais " Cima de Vila " de Vilamartín
  CHARLA CONTRA A GRIPE
 



A GRIPE



O Doutor Valentín Murciego deunos unha charla sobre a gripe no noso local e despois merendamos.
Velaiquí o que nos dixo:

A gripe é a causa máis frecuente de infección respiratoria aguda. é unha enfermidade vírica .
Afecta a todos os grupos de idade e toda a poboación é susceptible de padecer a enfermidade. En época de epidemia constitúe un importante problema de saúde pública.

é unha enfermidade autolimitada en pacientes sans pero con potencial de complicarse noutros pacientes. O curso da enfermidade está condicionado por: idade, inmunización previa, características do virus, tabaco e enfermidades previas.

é unha enfermidade altamente contaxiosa, que causa epidemias cada ano e ocasionalmente pandemias que se repiten cíclicamente.
O virus é altamente infeccioso e contaxioso. Transmítese a través das pingas que se eliminan ao falar, toser ou estornudar. O contacto entre persoas facilita esta transmisión. O contaxio pode ter lugar desde un ou dous días antes até cinco días despois do inicio dos síntomas.

O virus chega ás vías respiratorias tras a súa inhalación e adhírese ás mucosas (sobre todo na traquea, bronquiolos e alvéolos). Penetra nas células destas, onde se replican, para posteriormente ser liberadas cara ás células sas adxacentes ás que contaxian. Este proceso dura aproximadamente cinco días.
Débese acudir sen demora a un servizo médico cando se presente:

Expectoración de aspecto purulento e dor torácica en pacientes con enfermidade pulmonar crónica.
Signos de fallo cardíaco (dificultade para respirar, inflamación das pernas) en pacientes con cardiopatías.
Convulsións.
Diminución do nivel de conciencia.
Hormigueo nas mans ou perda de sensibilidade.
Dificultade importante para tragar.
Dor intensa de oídos.
Ante calquera empeoramento da situación habitual en pacientes con enfermidades de risco.
Ante calquera dúbida sobre a evolución do cadro. 




 
 
  Visitas Hoxe 52588 visitantes (103025 clics a subpáginas)  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis