FAITE SOCIO DE "Cima de Vila" Se queres facerte membro da asociación, e gozar das súas actividades, ponte en contacto coa directiva da mesma.
   
  Asociación de Mulleres Rurais " Cima de Vila " de Vilamartín
  POLAFÍA EN VILAMARTIN
 



Polafía en Vilamartín de Valdeorrras

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=49&id=1442
(texto engadido o día 13/ / 11/ / 08 )




CENTRO SOCIOCULTURAL "SANTA LUCÍA"
Sábado, 15 de novembro de 2008, ás 5 da tarde. Entrada libre
Coa intervención do músico XAVIER BLANCO e de VECIÑAS e VECIÑOS
da comarca de Valdeorras
Colaboran :
Agrupación Cultural "Abertal" / Asociación de Mulleres
Rurais "Cima de Vila" / Xornal "O Sil" e concello de Vilamartín de
Valdeorras
Divulgador:
Antonio Reigosa
Recitador:
Isidro Novo
Organiza.
AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina:
Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación
Cultural.

Nota:
Ao remate celebrarase un magosto popular organizado pola
Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila"
_____________________



POLAFÍA
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua
Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral,
Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións
e institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de
carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como
obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento
o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía
quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e
acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns,
seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao
desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova
proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas
tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo
e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de
internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste
patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador
ou especialista que introducirá e comentará as principais características
das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía
anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará
romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo,
o elemento humano transcendental e imprescindible no
desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres,
narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de
cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos
protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da
web da AELG. As polafías terán unha duración aproximada de arredor
de 90 minutos.




 
 
  Visitas Hoxe 52595 visitantes (103032 clics a subpáginas)  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis