As mulleres de Vilamartín, xunto coas socias da Asociación "Cima de Vila", quixemonos unir con todas as mulleres que sufren nas súas carnes a violencia de Xénero e por iso fixemos unha concentración na praza do noso pobo como protesta.
As distintas denominacións dos malos tratos leva a confusión: Violencia de Xénero, Violencia Doméstica, de parella, cara ás mulleres, masculina ou sexista?
A violencia doméstica fai referencia a aquela que se produce dentro do fogar, tanto do marido á súa esposa, como da nai aos seus fillos, do neto ao avó, etc. Exclúe aquelas relacións de parella nas que non hai convivencia.
A violencia de xénero ten que ver con ?a violencia que se exerce cara ás mulleres polo feito de selo?, e inclúe tanto malos tratos da parella, como agresións físicas ou sexuais de estraños, mutilación xenital, infanticidios femininos, etc.
O ciclo comeza cunha primeira fase de Acumulación da Tensión, na que a vítima percibe claramente como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e atopando motivos de conflito en cada situación.
A segunda fase supón o Estalido da Tensión, na que a violencia finalmente explota, dando lugar á agresión.
Na terceira fase, denominada de ?Lúa de Mel? ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, faille agasallos e trata de mostrar o seu arrepentimento. Esta fase vai reducíndose co tempo, sendo cada vez máis breve e chegando a desaparecer. Este ciclo, no que ao castigo (agresión) séguelle a expresión de arrepentimento que mantén a ilusión do cambio, pode axudar a explicar a continuidade da relación por parte da muller nos primeiros momentos da mesma.
Este ciclo pretende explicar a situación na que se dá violencia física, xa que a violencia psicolóxica non aparece de maneira puntual, senón ao longo dun proceso que pretende o sometemento e control da parella.
O rematar a concentración fixemos un chocolate para todas na nosa sede.
Visitas Hoxe 52583 visitantes (103020 clics a subpáginas)
DIRECTIVA:
PRESIDENTA: Dª Ana María Rodriguez Durán
VICEPRESIDENTA: Dª Antonia Fernandez Ojea
TESOUREIRA: Dª Antonia Orallo
SECRETARIA: Dª María do Pilar Rodriguez Fernández
VOCALES: Dª Isabel López Fdez y Dª Marujita Gudiña
SEDE:
Pl. de José Luis Nuñez S/N
Vilamartín de Valdeorras
(Ourense).
Telf:988300125 y 988300330