Colaboramos e axudamos coa Asociación Española Contra o Cancro a por en marcha unha campaña dirixida a concienciar ás mulleres sobre a importancia de participar nas campañas de detección precoz de cancro de mama e incrementar desta forma a súa participación nas mesmas.
Na loita contra o cancro de mama hai moito por facer. A Asociación Española Contra o Cancro necesítache e moitas mulleres como ti che necesitan e tamén queren ofrecerche a súa axuda. Coñece os teus dereitos, busca e accede a todos os recursos que están ao teu alcance e colabora en todas aquelas accións, eventos e actividades que se organizan para coñecer un pouco máis o cancro de mama. Axudarache a sentirche máis útil e activa.
|